12 de mayo: taller de mapeo de especies invasoras en el RENATUR_OUTES

Volver atrás
12 de mayo: taller de mapeo de especies invasoras en el RENATUR_OUTES

O vernes 12 de maio terá lugar en Outes unha xornada de cartografíado de especies exóticas invasoras na contorna do río Tins, dentro do proxecto Renatur_Outes. Os participantes aprenderán a utilizar de xeito práctico ye sinxelo a app iNaturalist que permite identificar e xeorreferenciar especies. Esta app pode descargarse gratuítamente no tfno. móbil.

O venres 12 de maio terá lugar unha xornada de mapeamento de especies exóticas invasoras no entorno fluvial do río Tins no Concello de Outes, como parte do proxecto Renatur_Outes. As participantes aprenderán a utilizar de xeito práctico e sinxelo a aplicación de ciencia cidadá iNaturalist que permite identificar e xeorreferenciar especies, combinando a colaboración das biólogas e naturalistas participantes no proxecto como con modelos de intelixencia artificial. A aplicación pode ser descargada gratuitamente no teléfono móbil por calquera persoa.

A actividade, que se encadra na programación da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras, comezará ás 10:00 no espazo de cafetaría da Casa da Cultura da Serra de Outes, onde se realizará unha breve presentación do proxecto e da aplicación iNaturalist. A continuación, iniciarase unha visita de campo ao longo do treito urbano do río Tins na que as participantes rexistraran as observacións de especies exóticas invasoras presentes na zona. Non é necesario inscribirse nesta xornada, que está aberta a todo o público interesado.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acácia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Fonte: https://renatur.outes.gal/archivos/112