A Fundación CEER participa na 1ª reunión do consorcio do proxecto GREEN GAP.

Volver atrás
A Fundación CEER participa na 1ª reunión do consorcio do proxecto GREEN GAP.

Galicia acolleu onte, día 30 de outubro de 2023, a primeira reunión para a posta en marcha do proxecto europeo Green Gap para a promoción das infraestruturas verdes a nivel local, unha iniciativa na que a Fundación CEER é socio beneficiario.

Galicia acolleu onte, día 30 de outubro de 2023, a primeira reunión para a posta en marcha do proxecto europeo Green Gap para a promoción das infraestruturas verdes a nivel local, unha iniciativa na que a Fundación CEER é socio beneficiario.

 

O proxecto Green Gap Impulso das Infraestruturas Verdes Locais para a Restauración da Biodiversidade, a Renaturalización e Deseño dunha Paisaxe Resiliente ante o Cambio Climático das Zonas Urbanas e Rurais de Galicia-Norte de Portugal ten como obxectivo contribuír a que diferentes actores eurorrexionais, e mais prioritariamente as administracións locais, xoguen un papel máis relevante na promoción das infraestruturas verdes na área transfronteiriza.

 

Con tal fin, o proxecto GREEN GAP inclúe tres fases: unha primeira de planificación, unha segunda de desenvolvemento e implantación, que constitúa exemplos de boas prácticas en materia de Infraestrutura Verde e paisaxe resiliente, e unha terceira etapa para a formación e capacitación na materia. A maiores, inclúe tamén un conxunto de accións para a correcta comunicación e difusión dos resultados.

 

Así, o proxecto permitirá a elaboración de 4 documentos de planificación estratéxica -3 estratexias de infraestrutura verde e un plan de mellora paisaxística- así como 7 proxectos piloto de Infraestrutura Verde.

 

Nesta iniciativa, que conta cun orzamento de máis de 2,1 M€, financiado no marco do Programa Interreg España - Portugal (POCTEP 2021-2027), está liderado polo Instituto de Estudos do Territorio (IET), dependente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunto ao IET, participan en calidade de socios, pola parte galega, ademais da Fundación CEER, a Universidade da Coruña, o Concello de Pontevedra e a Deputación de Ourense, mentres que do lado portugués, forman parte do proxecto a Cámara de Paredes de Coura, a Universidade do Minho, a Cámara de Guimarães, o Laboratorio da Paisagem de Guimarães así como a Agência Portuguesa do Ambiente e o Instituto da Conservação da Natureza das Florestas.