Convocatoria do programa IACOBUS 2023-24: solicitudes seleccionadas

Volver atrás
Convocatoria do programa IACOBUS 2023-24: solicitudes seleccionadas

Na convocatoria 2023-24 do Programa IACOBUS seleccionáronse 99 Estadías de Investigación e 71 Publicacións Científicas conxuntas.

Na convocatoria do 23-24 do programa IACOBUS seleccionáronse 99 solicitudes, das 266 recibidas, para Estadías de Investigación en Universidades, Institutos Politécnicos e Centros Tecnolóxicos da Eurorrexión, e 71 solicitudes, das 77 recibidas, na modalidade de Publicacións Científicas (Papers) realizados conxuntamente por investigadores de Galicia e do Norte de Portugal e publicados nas máis prestixiosas revistas internacionais.

Na edición 2023-24 do Programa IACOBUS, xestionado polo Grupo Europeo de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (GNP, AECT) dende o ano 2014 e do que forma parte como socia actualmente a Fundación CEER. Recibíronse un total de 343 solicitudes, das cales 99 foron seleccionadas na modalidade Estadías de Investigación e 71 en Publicacións Científicas (Papers).

A modalidade de Estadías de Investigación IACOBUS ten un orzamento de 150.000 €. As 99 solicitudes seleccionadas (das 266 recibidas) destínanse a proxectos que impliquen: Persoal Docente e Investigador (PDI); Investigadores pre ou posdoutorais (Investigador) e Persoal de Administración e Servizos (PAS) de Universidades, Institutos Politécnicos e Fundacións Biomédicas vinculadas a Universidades da Eurorrexión de Galicia-Norte de Portugal. No caso dos Centros Tecnolóxicos poderán presentarse Responsables de Innovación con cinco ou máis anos de experiencia acreditada nestas tarefas e Técnicos de I+D+i con menos de cinco anos de experiencia.

A modalidade de Publicacións científicas de IACOBUS (papers) ten un orzamento total de 50.000 €, que foron distribuídos entre as 71 solicitudes seleccionadas (das 77 recibidas). Estes artigos foron realizados mediante a colaboración transfronteiriza conxunta, entre autores vinculados a institucións de Ensino Superior da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Universidades e Institutos Politécnicos) que forman parte do programa. Cómpre sinalar que ante o elevado número de candidaturas de publicacións presentadas, a Comisión de Avaliación optou por conceder subvencións a artigos publicados nas revistas máis prestixiosas.

O Programa IACOBUS ten como obxectivos principais promover e fomentar as sinerxías e o desenvolvemento conxunto de actividades de investigación, formación e divulgación entre Universidades, Institutos Politécnicos, Centros Tecnolóxicos e Fundacións Biomédicas vinculadas ás Universidades da Eurorrexión G-NP. Este programa forma parte do proxecto RED IACOBUS, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, cun orzamento total de 1.695.665 Euros para o período 2023-2026.