O CEER presente no II Encontro de AECT Ibéricas 2023

Volver atrás
O CEER presente no II Encontro de AECT Ibéricas 2023

A Fundación CEER estivo presente no II Encontro de AECT Ibéricas 2023 organizado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

As xornadas celebráronse o 18 e 19 de setembro en Vigo e asistiron representantes das diferentes Agrupacións das fronteiras de España con Portugal e con Francia co obxectivo de "avanzar na cooperación transfronteiriza".

No acto tamén participou o actual presidente da Eurorrexión, António Cunha, quen destacou a importancia destes encontros para falar das diferentes accións levadas a cabo nas distintas fronteiras europeas para así poder crear sinerxías e realizalas noutros lugares. Cunha lembrou que foi en 2019 cando se celebrou o primeiro encontro destas características e puxo o foco nun dos temas tratados, o estatuto do traballador transfronteirizo, un asunto "difícil" sobre o que xa se deron "pasos positivos".

Ana Ortiz, a delegada territorial da Xunta en Vigo, tachou de "vital importancia" o coñecer o traballo destas agrupacións e "seguilo moi de preto" para dar apoio desde o Goberno galego ás súas necesidades.

Trala inauguración, o secretario xeral da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas, Martín Guillermo, centrou o seu discurso no presente e o futuro da cooperación territorial na Unión Europea. Martin Guillermo destacou tamén a relevancia e exemplo que supón o programa IACOBUS (no que participa a Fundacion CEER) a nivel europeo.

Ao longo destes dous días desenvolvéronse unha serie de mesas redondas nas que se falou dos instrumentos básicos de cohesión, da innovación para afrontar desafíos comúns ou da cultura e o patrimonio.

A Fundación CEER estivo moi presente no acto ao ser nomeada indirectamente polo interese das AECTs na xestión do Programa IACOBUS, así como polo seu éxito na consecución de fondos no Programa Espazo Atlántico.

A nivel de cooperación Universitaria, destacáronse iniciativas europeas de grande interese e potencial aplicabilidade na nosa Eurorrexión, como o caso do proxecto EUCOR. Un campus único de formación e investigación que está a ser desenvolvido entre Alemania, Francia e Suiza.