O Consello de Dirección da Fundación CEER celebra unha nova reunión na UTAD

Volver atrás
O Consello de Dirección da Fundación CEER celebra unha nova reunión na UTAD

A Fundación CEER reúniu ao seu Consello de Dirección o pasado día 17 de novembro nas instalación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), na súa sede da cidade portuguesa de Vila Real.

A este encontro foron convocadas as vicerreitoras e vicerreitores da rede de universidades públicas da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, xunto coa dirección do CEER. Nomeadamente:

    • Dra. María José López Couso, vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela.
    • Dra. Filomena Soares, vicerreitora da Universidade do Minho.
    • Dra. Pilar de la Torre, vicerreitora da Universidade de A Coruña.
    • Dra. Mónica Valderrama Santomé, vicerreitora da Universidade de Vigo.
    • Dra. Fátima Viera, vicerreitora da Universidade de Porto.
    • Dr. Luís Ramos, vicerreitor da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro.
    • Dr. Ángel Miramontes Carballada, director da Fundación CEER.
    • Dra. Ana Paula Marques, secretaria xeral da Fundación CEER.

Nun ambente de grande cordialidade, a dirección do CEER, presentou os grandes avances e éxitos acadados pola Fundación nas últimas anualides (período 2021-2023). Informouse aos presentes, sobre o excelente momento que se está a vivir no CEER, no que se conseguiu alcanzar unha consolidada estabilidade laboral e financiera.

Na súa presentación, o director do CEER, Prof. Dr. Ángel Miramontes, destacou o éxito das candidaturas e proxectos nos que participou o CEER nos últimos 2 anos, coa captación de mais de 6 millóns de euros de fondos europeos, cunha porcentaxe de éxito das súas candidaturas dun 46%.

Por parte dos representantes das institucións universitarias, transmitiuse a satisfacción polo traballo realizado dende o CEER, así como o apoio para continuar co traballo conxunto da rede de universidades, articulada a través da Fundación, na súa contribución para o desenvolvemento da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.