Persoal técnico da Fundación CEER estivo presente no seminario da segunda convocatoria de proxectos do programa SUDOE

Volver atrás
Persoal técnico da Fundación CEER estivo presente no seminario da segunda convocatoria de proxectos do programa SUDOE

Como ter éxito na segunda convocatoria de proxectos do Programa Sudoe?, seminario presencial celebrado os días 16 e 17 de abril, na cidade de Santander.

Dende a Fundación CEER asistimos ao seminario de presentación da segunda convocatoria de proxectos SUOE, aberta na actualidade e que terá fin o próximo día 31 de maio.

Neste evento, ao longo de dúas xornadas, foron presentadas 32 ideas de proxectos, nas que os seus promotores tiveron a oportunidade explicar durante 4 minutos o contido das súas propostas co obxectivo de buscar socios con perfís de interese para súas candidaturas.