Publicación dos video-tutoriales do proxecto Erasmus+ ‘VÉMONOS NO MONTE!’

Volver atrás
Publicación dos video-tutoriales do proxecto Erasmus+ ‘VÉMONOS NO MONTE!’

Anuncio da publicación dos primeiros video-tutoriais do proxecto 'Vémonos no Monte!' na canle de YouTube da Fundación Montescola (@Montescola), unha das entidades socias do proxecto.

Anunciamos hoxe que veñen de publicarse no canal de YouTube da Fundación Montescola (@Montescola) os primeiros video-titoriais do proxecto ‘Vémonos no Monte!’:

https://www.youtube.com/channel/UC96T2BQ7ohCCVRYA_2MV6gw/videos

Este material didáctico estará próximamente tamén disponible, e igualmente de xeito gratuíto, para todos os e as interesados/-as a través da web do proxecto (http://www.brigadas.pt) e nos seus perfís en redes sociais, nomeadamente Facebook e Instagram.

“Vémonos no Monte!” é unha rede transfronteiriza de brigadas semiprofesionalizadas que veñen desenvolvendo actuacións contra especies de flora invasoras en diferentes espazos naturais galegos e portugueses do Norte, enfocándose no genus Acacia (fundamentalmente Acacia melanoxylon e Acacia dealbata) e no eucalipto, pola súa relevancia no deterioro dos ecosistemas e no aumento do risco de incendios forestais. Esta rede xurde no marco dun proxecto finaciado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+ (convocatoria 2021, Programa periodo 2021 – 2027).

Iniciado en abril de 2022 e durante 18 meses, ata o 31 de agosto do 2023, “Vémonos no Monte!” ven desenvolvendo un programa de actividades composto por xornadas intervencións teórico-prácticas sobre erradicación e control de especies exóticas invasoras (EEIs), seminarios transfronteirizos, talleres de capacitación técnica, elaboración de guías e reportaxes audiovisuais, entre outras numerosas iniciativas. O proxecto persigue, por unha banda, responder a necesidades comúns a ambos lados da fronteira en temáticas ambientais, prioritariamente forestais, con actividades de control de EEIs nos hábitats galegos e portugueses, intercambio de coñecementos e boas prácticas; por outra banda, o proxecto persigue xerar e desenvolver itinerarios de capacitación para adultos eminentemente prácticos (esto é, Learning by doing), en sectores laborais do ámbito da conservación ambiental, a silvicultura e a prevención dos incendios forestais e aplicables a ambos lados da fronteira.

Os impulsores e socios de este proxecto son a Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e Norte de Portugal), actuando como coordinador, e a Fundación Montescola do lado galego, sendo o socio portugués a iniciativa cultural À escuta.

CONTACTOS:
• Xoán Evans Pim (Fundación Montescola; email: info@montescola.org)
• Beatriz Noya Mariño (Fundación CEER; e-mail: corunatec@fceer.org)