Vespa velutina: unha ameaza para o cultivo de froita no oeste da Península Ibérica

Volver atrás
Vespa velutina: unha ameaza para o cultivo de froita no oeste da Península Ibérica

Novo artigo científico sobre o impacto da V.velutina no cultivo de froitos/-as, publicado na revista 'Cogent Food & Agriculture' grazas ao proxecto interreg Atlantic-POSi+iVE, liderado pela FCEER. Artigo “revisado por pares” (‘peer review’) e dispoñible en acceso aberto.

O avispón asiático (Vespa velutina) é unha especie invasora que causa graves impactos negativos sobre o funcionamento dos ecosistemas, a saúde humana e a agricultura. Este impacto é prexudicial para hortas e viñedos, xa que a especie se alimenta dos froitos para obter azucre, o que diminúe o rendemento comercializable e reduce a cantidade total do produto final. O obxectivo do estudo que se presenta neste artigo científico foi estudar a valoración realizada polos técnicos agrícolas dos danos causados ​​pola V. velutina nestes froitos, desde a aparición da devandita especie invasora na costa occidental da Península Ibérica.

Varios tipos de froitas reportáronse como damnificadas, tanto en Portugal como en Galicia, observándose danos principalmente en uvas, seguidas de mazás e peras. Aínda que esta constatación fose esperada en Galicia, onde os técnicos participantes eran do sector vitivinícola, en Portugal vale a pena destacar que, a pesar de que os técnicos participantes procedían de distintos sectores agrícolas, a uva foi tamén a categoría de froita máis mencionada. Debido á importancia do sector vitivinícola nestas dúas rexións, este impacto pode ser nada despreciable. Cultivos con alta demanda de polinizadores, como cultuivos con irrigación temporal ou cultivos de froitas, son tamén indiscutibelmente, máis suscetibles aos danos causados pola V. velutina. Por tanto, espérase que nun futuro próximo o impacto na produción de froitas sexa aínda máis frecuente, a menos que sexan tomadas medidas para impedir a propagación da V. velutina.

Estes resultados demostran como a V. velutina pode causar danos directos e non despreciables á produción de froitas, especialmente ás uvas. Son necesarios máis estudos para cuantificar o impacto económico deste tipo de danos.

---

Referências e links úteis: