A cooperación transfronteiriza e interuniversitaria a debate no II foro anual de UNISF

Volver atrás
A cooperación transfronteiriza e interuniversitaria a debate no II foro anual de UNISF

O pasado 6 de xuño, en Santiago de Compostela, tivo lugar a segunda edición do Foro Anual Universidade sem Fronteiras (UNISF), que tivo como eixo principal o debate sobre a importancia da cooperación transfronteiriza e interuniversitaria na Eurorrexión.

O pasado 6 de xuño, en Santiago de Compostela, tivo lugar a segunda edición do Foro Anual Universidade sem Fronteiras (UNISF), que tivo como eixo principal o debate sobre a importancia da cooperación transfronteiriza e interuniversitaria na Eurorrexión.

A sesión inaugural estivo presidida pola vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso, pola vicerreitora de Educación e Mobilidade Académica da Universidade do Minho, Filomena Soares, e polo director da Fundación CEER (Centro de Estudos Euro-Rexionais Galicia-Norte de Portugal), Ángel Miramontes. Nun segundo momento do acto, que contou coas intervencións do vicepresidente da CCDR-N (Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte), Beraldino Pinto, e do subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia, Xosé Lago, reforzouse a oportunidade desta iniciativa para promover a cooperación científica, o intercambio e a integración de recursos entre as distintas universidades implicadas.

Nun modelo de presentación en formato online e presencial, o encontro tamén centrouse en expor a oferta educativa do proxecto, que inclúe dous másteres -“Desafíos das Cidades” e “Dereito Transnacional da Empresa e Tecnoloxías Dixitais”- e dous títulos de doutoramento – “Matemáticas e Aplicacións” e “Ciencias Sociais e Envellecemento”.

Na sesión de clausura, a coordinadora do proxecto UNISF, vicerreitora da Universidade do Minho, Filomena Soares, destacou a contribución deste proxecto á mellora da calidade da educación superior e ao desenvolvemento de competencias profesionais, sociais e interculturais transversais que fortalezan o aproximación e cooperación entre os territorios implicados.

###

Nota: en anexo o programa do 2º Fórum Anual UNISF+ Fotografía+ logotipo da UNISF.

+INFORMACIÓNS UNIVERSIDADE SEN FRONTEIRAS

Obxectivos do proxecto UNISF:

• Homoxeneizar, no cadro das limitacións legais, os procedementos administrativos, xurídicos e académicos entre as universidades da Eurorrexión.

• Fomentar a interacción/integración dos Servizos Académicos das universidades da Eurorrexión, a través de ferramentas de cooperación para o desenvolvemento de Títulos Conxuntos de Posgrao.

• Integrar os Servizos Académicos das universidades da Eurorrexión, a través de ferramentas de cooperación para o desenvolvemento de Ciclos de Estudos.

• Concibir novos programas de formación conxuntos, de posgrao, experimentais, innovadores e flexíbeis a través da utilización das TIC, correspondendo ás expectativas da Europa.

• Desenvolver mecanismos de transferencia de coñecemento das universidades para o sector empresarial.

• Xestionar de forma conxunta e compartida infraestruturas universitarias e recursos humanos.

• Promover unha estratexia de marketing común que permita aumentar a visibilidade das Universidades da Eurorrexión no estranxeiro.

• Fortalecer o proceso de aproximación e cooperación entre os diversos axentes que actúan no territorio.

CONTACTOS
UNIVERSIDADE DO MINHO (Coordinación do proxecto UNISF)
E-mail: unisf@universidadesemfronteiras.eu; unisf@reitoria.uminho.pt
Telefone: (+351) 253 601 120 / (+351) 253 601 586
Site: universidadesemfronteiras.eu