A Eurorrexión da un paso máis na mellora das condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos

Volver atrás
A Eurorrexión da un paso máis na mellora das condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos

A Fundación CEER convidada no Acto de Sinatura dun protocolo de cooperación entre a AECT Galicia – Norte de Portugal e o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal.

A Fundación CEER foi convidada a participar no Acto de solemne de Sinatura dun protocolo de cooperación entre a Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e a o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal.

O obxectivo deste protocolo, e ir da man en todo aquilo que redunde na mellora do diálogo social e nun achegamento á cidadanía da Eurorrexión, nomeadamente no relativo aos temas que afecten á mellora das condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos galegos e portugueses.

Neste acto, celebrado o luns día 28 de novembro, en Vigo, o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, (GNP, AECT) Nuno Almeida, e o presidente do Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal, (CSI) César Campos, asinaron hoxe en Vigo, un protocolo de cooperación co principal obxectivo de ir da man en todo aquilo que redunde na mellora do diálogo social e nun achegamento á cidadanía da Eurorrexión, nomeadamente no relativo aos temas que afecten á mellora das condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos galegos e portugueses.

Na cerimonia estivo presente o director do CEER, Ángel Miramontes, na que participaron entre outros, o presidente de torno da Eurorrexión e da CCDR-Norte, António M. Cunha, e o director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, ademais medio centenar de representantes sindicais e empresariais do territorio da Eurorexión.

O director da AECT da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal avanzou que “para continuar este traballo cos actores do diálogo social –empresarios e sindicatos-, imos criar un grupo de traballo no que estaremos con empresarios e sindicatos da Eurorrexión, e tamén co EURES Transfronterizo, coa intención de traballar nun borrador dos contidos mínimos que debe ter o Estatuto do Traballador Transfronterizo”, destacou Almeida.

O Estatuto do Traballador Transfronteirizo é unha vella reclamación que a Eurorrexión presenta, ano tras ano, ao Cumio Ibérico. No ano 2021, os Estados Español e Portugués o consideraron “prioritario” no Cumio que celebraron en Trujillo, sen que teñan avanzado nada nel.

Do protocolo asinado hoxe entre a AECT da Eurorrexión  e o Consello Sindical Interrexional Galicia – Norte de Portugal sae igualmente o compromiso de colaborar no eido da Formación Profesional, tanto no eido da Formación Profesional dual como intentando impulsar a homologación das distintas titulacións.