A Universidade da Coruña reafirma o seu compromiso de máxima colaboración coa FCEER

Volver atrás
A Universidade da Coruña reafirma o seu compromiso de máxima colaboración coa FCEER

Resumo da reunión do director da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia – Norte de Portugal (FCEER), Ángel Miramontes, e o novo vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle, celebrada o pasado 23 de febreiro.

O director da FCEER, Ángel Miramontes, reuniuse o pasado 23 de febreiro coa novo vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, Moisés Canle.
 
A reunión, que foi a primeira entre a dirección da FCEER e o novo equipo de goberno da UDC, contribuíu a afianzar a estreita colaboración que mantén a Universidade da Coruña coa entidade, co compromiso da institución universitaria de manter a súa participación nos proxectos da FCCER nos que actualmente colabora, e ofrecendo a súa máxima dispoñibilidade para formar parte de iniciativas futuras propostas pola entidade.
 
Segundo afirmou Moisés Canle, na UDC “estamos dispostos a colaborar coa Fundación e as súas actividades en todo o que poidamos”. Dentro deste compromiso de colaboración inclúese “tamén a participación da Universidade da Coruña nos actos de celebración do 20 aniversario da Fundación, que se cumpre neste ano 2024”, engadiu Canle.

Foto: imáxenes propiedade da Universidade da Coruña