A UVigo participa nun proxecto que converterá o concello de Outes no primeiro do Estado en recoñecer os dereitos dun río

Volver atrás
A UVigo participa nun proxecto que converterá o concello de Outes no primeiro do Estado en recoñecer os dereitos dun río

O diario dixital da Universidade de Vigo faise eco do evento o 15 de decembro do 2023, o foro no que se presentará á veciñanza de Outes e público en xeral a "Declaración de Dereitos do río Tins". A iniciativa forma parte do proxecto ReNatur_Outes, no que participan o Concello de Outes, as tres universidades públicas galegas e as fundacións CEER e Montescola.

O diario dixital da Universidade de Vigo faise eco do evento o 15 de decembro do 2023, o foro no que se presentará á veciñanza de Outes e público en xeral a "Declaración de Dereitos do río Tins":

"O río Tins, no concello de Outes, será o primeiro do Estado ao que se lle recoñezan os seus dereitos como elemento natural. Este fito enmárcase dentro da iniciativa ReNatur Outes, un ambicioso proxecto de recuperación, renaturalización e integración do Tins ao seu paso polo núcleo urbano deste concello coruñés. Subvencionado cun millón de euros pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia -fondos Next Generation-, no  proxecto participan as tres universidades públicas galegas, o Centro de Estudos Eurorrexionais de Galicia e norte de Portugal, CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal), o Concello de Outes, que lidera o proxecto, e a Fundación Montescola. "

Acceso á publicación orixinal no duvi: https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/uvigo-participa-nun-proxecto-que-convertera-concello-outes-primeiro-estado-reconecer-os-dereitos-dun 

Liderado polo Concello de Outes, o proxecto Renatur_Outes conta coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (#MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (#PRTR), financiado pola Unión Europea – #NextGenerationEU.

Toda a información sobre o #Renatur_Outes, así como para inscribirse e participar nos eventos e actividades do proxecto, a través da súa web: https://renatur.outes.gal/