Alén do Patio. Mapeo emocional do río Tins

Volver atrás
Alén do Patio. Mapeo emocional do río Tins

No marco da Celebración do 50º aniversario do CEIP de Outes, o venres 16 de xuño levaremos a cabo unha actividade aberta á participación de toda a comunidade escolar e persoas interesadas: "ALÉN DO PATIO. Mapeo emocional do río Tíns".

No marco da Celebración do 50º aniversario do CEIP de Outes, o venres 16 de xuño entre as 17:00 e as 19:00 levaremos a cabo unha actividade aberta á participación de toda a comunidade escolar e persoas interesadas: ALÉN DO PATIO. Mapeo emocional do río Tíns.

Será unha actividade introdutoria, realizada a partir de información recopilada para o Estudo técnico, histórico e paisaxístico do río Tíns. A través dun mapa xigante e fotografías invitamos a reflexionar sobre as características das distintas zonas do río, as emocións que suscitan, as actividades que realizamos nelas ou as que poderíamos e nos gustaría realizar.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Dentro das actividades deseñadas para o Renatur_Outes e coordinada polo departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e o Concello de Outes, realizarase unha estratexia de reordenación e integración ambiental na que se enmarca esta actividade.

Fonte: https://renatur.outes.gal/archivos/168