INTERREG ATLANTIC POSITIVE, frenando a expansión da Vespa velutina

Volver atrás
INTERREG ATLANTIC POSITIVE, frenando a expansión da Vespa velutina

Xa está operativo o poster oficial do proxecto INTERREG Atlantic Positive. Mediante este cartaz dase a coñecer unha iniciativa financiada con fondos FEDER que pretende dar solución aos problemas xerados pola Vespa velutina así como impedir o seu avance por Europa. Esta é unha das pragas que máis inseguridade e alarma cidadá está a crear na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e o CEER está a colaborar con varias entidades eurorrexionais e europeas para paliar a ameaza da V. velutina.

Máis información na web do proxecto: atlanticpositive.eu