Outes recoñecerá os dereitos do río Tins

Volver atrás
Outes recoñecerá os dereitos do río Tins

O xornal da Universidade de Santiago de Compostela faise eco do evento o 15 de decembro do 2023: trátase do foro no que se presentará á veciñanza de Outes e público en xeral a "Declaración de Dereitos do río Tins". A iniciativa forma parte do proxecto ReNatur_Outes, no que participan o Concello de Outes, as tres universidades públicas galegas e as fundacións CEER e Montescola.

"Discutiranse nunha asemblea pública o 15 de decembro no marco do proxecto ReNatur_Outes no que participa a USC.

Dar voz á veciñanza e ao tecido asociativo local para que sexan partícipes nas estratexias de conservación e mellora do espazo fluvial é a meta que persegue o Foro do río Tins que se desenvolverá o vindeiro 15 de decembro, ás 17.00 horas, no Centro Social da Serra de Outes. A actividade enmárcase no seo do proxecto ReNatur_Outes no que participa a USC e comezará cunha introdución na que o equipo impulsor fará un repaso dos eixos principais desta iniciativa de renaturalización fluvial. A continuación, terá lugar unha sesión de gobernanza co obxectivo de consensuar coas persoas participantes unha proposta de ‘Declaración de Dereitos do río Tins e compromisos da veciñanza ribeirá’."

Acceso á publicación orixinal no xornal da USC: https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/outes-reconecera-dereitos-rio-tins

Liderado polo Concello de Outes, o proxecto Renatur_Outes conta coa participación de persoal investigador das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e a Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (#MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (#PRTR), financiado pola Unión Europea – #NextGenerationEU.

Toda a información sobre o #Renatur_Outes, así como para inscribirse e participar nos eventos e actividades do proxecto, a través da súa web: https://renatur.outes.gal/