Participación da Fundación CEER no proxecto europeo EU-DEM, sobre Fake News

Volver atrás
Participación da Fundación CEER no proxecto europeo EU-DEM, sobre Fake News

O EU-DEM encádrase na convocatoria “Compromiso e participación dos cidadáns” do programa CERV (prioridade: "Loita contra a desinformación e outras formas de inxerencia na democracia") e no seu consorcio participan entidades de Eslovenia, Hungría, Bélxica e Francia.

A convocatoria “Compromiso e participación dos cidadáns” (en inglés, "Citizens, Equality, Rights and Values program (CERV)") ten por obxecto apoiar proxectos promovidos por asociacións e redes transnacionales nas que participen directamente os cidadáns. Trátase por tanto de promover a participación e contribución dos cidadáns e asociacións representativas na vida democrática e cívica da Unión Europea, dando a coñecer e intercambiando publicamente os seus puntos de vista en todos os ámbitos sobre a acción da Unión.
 
Como indica o título da proposta "EU Fact Checker Network: Mobilizando a mozos e xornalistas para mellorar a resiliencia democrática" o proxecto combaterá o omnipresente problema da desinformación mediática na UE, facendo fincapé no fomento da alfabetización mediática, a comprensión das narrativas de xénero e a protección dos valores democráticos. A súa prioridade é contrarrestar a desinformación e outras formas de interferencia no debate democrático. 
 
A iniciativa conta con 1.052 participantes directos de diversas orixes e inclúe a homes, mulleres e persoas non binarias. Dividida en sete paquetes de traballo, a iniciativa integra educación, campañas, formación, recursos creativos, compromiso comunitario e promoción de políticas. No marco do proxecto levaranse a cabo 14 actividades en 6 países ao longo de 24 meses, e xeraranse 38 productos, que inclúen entre outros, materiais de formación, unha plataforma de aprendizaxe electrónica, bandas deseñadas (esto é, cómics) e concursos para mozos.
 
Unha das principais tarefas da Fundación CEER será a de organizar talleres ("workshops") en diferentes localizacións da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, e en colaboración coas universidades, sobre o tema da alfabetización dixital. A Fundación CEER, coa súa rica base académica, a súa ampla rede de contactos e a súa experiencia multidisciplinar, desempeñará un papel fundamental neste proxecto.
 
 

Ligazón á web do programa CERV: https://commission.europa.eu/about-european-commission/departments-and-executive-agencies/justice-and-consumers/justice-and-consumers-funding-tenders/funding-programmes/citizens-equality-rights-and-values-programme_en