Presentación do proxecto ATLANTIC-POSITIVE. Control e erradicación da vespa velutina no espazo atlántico

Volver atrás
Presentación do proxecto ATLANTIC-POSITIVE. Control e erradicación da vespa velutina no espazo atlántico

Mañá terá lugar o acto de presentación do proxecto Atlantic-POSitiVE liderado polo Centro de Estudos Euro-Rexionais Galicia Norte de Portugal (CEER). Este proxecto é unha das accións máis ambiciosas de Europa para loitar contra a Vespa velutina. Este proxecto está cofinanciado con fondos FEDER por valor de 1.764.896,64€ mediante o programa INTERREG Atlantic Area da Unión Europea.

No día de mañá realizarase a presentación oficial do proxecto contando coa participación do Reitor da Universidade de Vigo Manuel Joaquín Reigosa Roger, o Pro-reitor para a Área dos Projetos Estruturantes da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro Dr. Alberto Moreira Baptista (en delegación do Reitor da UTAD, Dr. António Augusto Fontaínhas Fernandes, en calidade de Presidente do CEER), o Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela Dr. Vicente Pérez Muñuzuri e de dous investigadores da UVigo e da USC.

Neste mesmo dia terá lugar a primeira das reunións técnicas do proxecto, que porá a traballar as Universidades da Eurorrexión con equipas de Francia, Reino Unido e Irlanda.