Presentación do proxecto CAPRIF- CC

Volver atrás
Presentación do proxecto CAPRIF- CC

O vindeiro luns 26 de febreiro a partir das 9:30 celebrarase na sede da Fundación Juana de Vega (FJdV) en Oleiros, o acto de presentación do proxecto CAPRIF-CC (“COMUNIDADES ACTIVAS Y PAISAJES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTALES Y CAMBIO CLIMÁTICO”).

O vindeiro luns 26 de febreiro a partir das 9:30 celebrarase na sede da Fundación Juana de Vega (FJdV) en Oleiros, o acto de presentación do proxecto CAPRIF-CC; este proxecto traballará durante case dous anos en prol da activación económica de zonas rurais do noroeste (NO) da Península Ibérica (esto é, Galicia e Asturias), propiciando avances substanciais na dinamización laboral no ámbito forestal e nos usos multifuncionais do monte.

Para acadar os obxectivos anteriores, e para promover un aproveitamento multifuncional e sostible, o proxecto CAPRIF-CC persegue a implicación dos axentes de toda a cadea de valor forestal, e fomentará especialmente aqueles aproveitamentos que xeren unha maior e mellor protección do territorio tanto fronte a incendios forestais, como resilencia fronte ao cambio climático.

A creación dunha rede de ‘Living-Labs’ de innovación aberta, a identificación dos actores e interesados relevantes en eidos chave para o proxecto, a elaboración de mapas de talento, visitas de campo, sesións formativas e/ou participativas para a co-creación, aproveitando asemade para tecer redes (‘networking’), conforman o núcleo das actividades do CAPRIF-CC.

Por último, a divulgación dos resultados e a difusión das boas prácticas identificadas, e/ou desenvolvidas, durante o seu ciclo de vida completan a ambición do proxecto.

Liderado pola Fundación Juana de Vega (FjdV), o proxecto CAPRIF conta coa participación da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT), as fundacións CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte De Portugal), CETEMAS (Centro Tecnológico y Forestal de la Madera) e Montescola [4]  . O proxecto recibe apoio da Fundación Biodiversidad [5] do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. [6] 

Programa do acto de presentación do proxecto CAPRIF

No evento do día 26 de febreiro participarán representantes das entidades socias do proxecto CAPRIF-CC, para presentar as liñas mestras do proxecto; a sesión rematará ás 18:00, tras o repaso as actividades de execución inmediata.

 

Referencias:

[1] FUNDACIÓN JUANA DE VEGA

      Lugar: Rúa Salvador Allende nº 92. 15176 San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña)

[2] O proxecto CAPRIF conta co apoio da Fundación Biodiversidad del “Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico” (MITECO) no el marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

[3] Páxina web do proxecto: [en construción]

[4] Socios / partenariado do proxecto CAPRIF:

·         Fundación Juana de Vega (coordinador/xefe de fila); web: https://juanadevega.org/

·         Fundación CEER (Centro de Estudos Euro Regionais Galicia Norte De Portugal); web: https://www.fceer.org/

·         Fundación Montescola; perfís en rrss: (Facebook) https://www.facebook.com/fmontescola/?locale=es_ES , (Instagram) https://www.instagram.com/montescola/

·         Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT); web: https://www.custodiadoterritorio.org/

·         Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS); web: https://www.cetemas.es/cetemas/

 [5] Fundación Biodiversidad; web: https://fundacion-biodiversidad.es/

[6] “Convocatoria de subvenciones para apoyo a proyectos transformadores para la promoción de la bioeconomía ligada al ámbito forestal y la contribución a la transición ecológica en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU para el ejercicio 2023”

https://fundacion-biodiversidad.es/notas_de_prensa_mite/el-miteco-concede-77-millones-de-euros-a-56-proyectos-de-bioeconomia-ligada-al-ambito-forestal/