A Fundación CEER reúniu ao seu Consello de Dirección o pasado día 22 de maio nas instalación da Universidade do Minho, no Campus de Gualtar.
O Consello de Dirección da FCEER, constituído polas vicerreitoras e vicerreitores designadas polas reiotrías da rede de universidades públicas da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, xunto coa dirección e secretaría xeral da FCEER, reuniuse para aprobar a memoria anual do pasado ano 2023 e a proposta de actividades para o seguinte exercicio.
Asistiron a esta reunión, nomeadamente os seguintes membros:
Dra. María José López Couso, vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela.
Dra. Filomena Soares, vicerreitora da Universidade do Minho.
Dr. Moisés Canle López, vicerreitor da Universidade de A Coruña.
Dra. Fátima Viera, vicerreitora da Universidade de Porto.
Dr. Luís Ramos, vicerreitor da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro.
Dr. Ángel Miramontes Carballada, director da Fundación CEER.
Dra. Ana Paula Marques, secretaria xeral da Fundación CEER.
Esta reunión resultou un éxito, confirmando o grande ambiente de traballo e colaboración que existe na Rede de Universidades públicas da Eurorrexión.