Recordatorio - Oferta de emprego. Convocatoria pública para a selección dun/ha técnico/a para o proxecto CAPRIF_CC

Volver atrás
Recordatorio - Oferta de emprego. Convocatoria pública para a selección dun/ha técnico/a para o proxecto  CAPRIF_CC

Convocatoria pública para a selección dun/ha técnico/a para o desenvolvemento do proxecto CAPRIF_CC mediante unha contratación temporal por obra e servizo. O proxecto CAPRIF_CC está financiado por "la Fundación Biodiversidad en el marco de las Convocatorias de subvenciones del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU para el ejercicio 2023."

1.- OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria é a contratación dun/ha técnico/a de proxectos que participe ao 100% na execución do proxecto aprobado e vixente na actualidade “CAPRIF-CC: COMUNIDADES ACTIVAS Y PAISAJES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTALES Y CAMBIO CLIMÁTICO”, financiado por "la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco de la Convocatoria de subvenciones para apoyo a proyectos transformadores para la promoción de la bioeconomía ligada al ámbito forestal y la contribución a la transición ecológica en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia - Financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU para el ejercicio 2023."

 

2.- CONDICIÓNS DO CONTRATO DE TRABALLO
Réxime xurídico: Contratación en réxime de dereito laboral.
Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado ao proxecto.
Duración: Desenvolvemento do proxecto CAPRIF-CC, con extensión até o 31 de decembro do ano 2025.
Categoría profesional: Técnico.
Xornada: Completa.
Salario bruto: Segundo o Convenio de Oficinas e Despachos de A Coruña.
Lugar de traballo: Desenvolverase principalmente nas oficinas CEER, sen prexuízo dalgunhas actividades que terán lugar nos distintos campus e áreas de influencia das universidades integrantes do CEER, así como en función das necesidades do proxecto. Deberá ter dispoñibilidade para desprazarse.
Tarefas a realizar:
 a) Colaborar no desenvolvemento e posta en marcha das distintas actuacións previstas no proxecto CAPRIF-CC.
 b) Colaborar na coordinación dos socios participantes do proxecto e participar nas distintas estruturas internas de coordinación e xestión do proxecto e nas xuntanzas de traballo pertinentes.
 c) Coordinación xeral do proxecto para a súa correcta execución.
 d) Preparar informes, asistir a reunións de coordinación en Galicia; puntualmente noutras localizacións onde sexa pertinente desprazarse en función do proxecto e, en xeral, realizar o conxunto de tarefas necesarias para garantir a boa marcha do proxecto.
 e) Apoiar a execución do plan de traballo do proxecto.
 f) Garantir a xestión e o seguimento administrativo e financeiro do proxecto, así como asegurar a realización dos informes de execución e seguimento de indicadores do proxecto con calidade.
 g) Garantir reunións e contactos técnicos co xefe de fila e socios para conseguir unha correcta execución do proxecto.
 h) Apoiar os procedementos de certificación e a preparación da proposta de declaración de gasto a remitir á Fundación Biodiversidad.
 i) Participación en reunións e comités e elaboración de informes e actas.
 j) Colaborar nas tarefas de divulgación do proxecto.

 

3.- REQUISITOS E MÉRITOS

-Requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou a dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao que sexa de aplicación o Regulamento (UE) n.º 492/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 5 de abril de 2011, relativo á libre circulación dos traballadores dentro da Unión, e o Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns dos Estados membros da Unión Europea e doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, modificado polo Real Decreto 1710/2011, do 18 de novembro. De igual xeito, tamén poderán participar aquelas persoas que, non estando incluídas nas anteriores circunstancias, se atopen en España ou Portugal en situación de legalidade, sendo titulares dun documento que lles habilite a residir e a poder acceder sen limitacións ao mercado laboral. As persoas candidatas estranxeiras deberán estar en posesión do permiso de traballo correspondente.
b) Titulación universitaria de grao superior, preferiblemente de titulacións relacionadas coa Bioeconomía forestal (Economía, Enxeñaría forestal, Enxeñaría agrícola, Xeografía,...).
c) Nivel alto nas linguas oficiais da Eurorrexión G-NP: español, portugués, galego.
d) Valorarase nivel alto de inglés.

-Méritos:
e) Coñecemento profundo dos principios e políticas comunitarias e procedementos administrativos e financeiros comunitarios, incluíndo xestión financeira global, a auditoría, o control e a avaliación.
f) Coñecementos nas materias de bioeconomía forestal que constitúen o proxecto, así como de economía social.
g) Experiencia laboral na xestión de proxectos.
h) Coñecemento das administracións públicas que participan no proxecto.
i) Capacidade e experiencia no traballo en equipos multidisciplinares e nun contexto institucional competitivo e de referencia nacional e internacional.
j) Experiencia na organización de eventos nacionais e internacionais.
k) Experiencia adquirida na difusión de información relativa a proxectos, así como implicación en actividades de comunicación, promoción e difusión de iniciativas e resultados.
l) Manexo de programas informáticos a nivel usuario (procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións, internet, correo electrónico, etc.).
m) Dispoñibilidade inmediata das persoas candidatas para ocuparen o posto de traballo.
n) Dispoñibilidade para desprazarse.
o) Dispoñibilidade de vehículo.

 

4.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no prazo de 14 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria e serán enviadas en formato electrónico ao enderezo direccion@fceer.org. O CEER responderá as solicitudes polo mesmo medio asignando un número de candidatura.
Dentro dos 7 días laborais seguintes á terminación do prazo de presentación de solicitudes, e comprobado o cumprimento dos requisitos das persoas solicitantes, na web da Fundación (http://fceer.org) publicarase unha listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas na convocatoria e sinalarase un prazo de dous días laborais para a emenda de erros. Logo dese prazo, publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e indicarase a data, a hora e o lugar na que se fará a entrevista indicada no apartado 7.
Todas as resolucións relativas a este proceso publicaranse na páxina web da Fundación.

 

5.- DOCUMENTACIÓN
As persoas candidatas, para seren admitidas no proceso de selección, acompañarán necesariamente a súa solicitude dos seguintes documentos:
- Curriculum vitae e fotocopia do DNI. O curriculum vitae deberá estar estruturado e ordenado nos seguintes apartados:
· Datos persoais e de contacto.
· Formación académica.
· Experiencia profesional.
· Formación extra-académica.
· Idiomas
· Outros datos de interese.

Diplomas, certificados e demais documentación xustificativa de formación e experiencia profesional indicada no curriculum vitae.
En ningún caso se poderá recibir nova documentación á enviada durante o prazo de presentación de instancias.

 

6.- ÓRGANO DE SELECCIÓN DA PROBA SELECTIVA
A comisión de avaliación estará composta por Ángel Miramontes, Director da Fundación CEER; Ana Paula Marques, Secretaria Xeral da Fundación CEER; con voz pero sen voto, formará parte da comisión de avaliación un/ha técnico/a do CEER.

 

7.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
Tras o período de presentación de candidaturas, a dirección da Fundación CEER procederá á avaliación dos currículos dos aspirantes axustándose aos requirimentos da presente convocatoria. Como criterios de valoración, e co fin de adecuar o perfil á praza segundo as condicións mencionadas e a revisión do curriculum vitae integral, terase en conta: a formación (títulos, accións formativas, coñecementos, etc.), a experiencia e a entrevista persoal. Deste xeito, o procedemento estrutúrase en dúas fases: fase primeira, preselección; e fase segunda, selección.

FASE PRIMEIRA: Consistirá en avaliar a formación e a experiencia (ambas as dúas ate un máximo de 60 puntos) dos candidatos, tal e como se describe deseguido:

A. FORMACIÓN (máximo de 30 puntos):
• Estudos de Doutorado; DEA (Diploma de Estudos Avanzados) ou Mestrado;
Estudos de Posgrao ou Grao (ate un máximo de 10 puntos).
• Accións formativas (cursos, congresos, seminarios, etc.) relacionadas coa temática do proxecto (ate un máximo de 10 puntos).
• Experiencia nos seguintes campos: economía, bioeconomía, comunicación, xestión de proxectos europeos e cooperación e planificación. (ate un máximo de 10 puntos).

B. EXPERIENCIA (máximo de 30 puntos):
• Contratos de traballo relacionados coa xestión de proxectos, xestión pública; manexo de plataformas online de xestión de programas e fondos comunitarios; administración universitaria; e investigación e actividades de transferencia de investigación (ate un máximo de 30 puntos).

FASE SEGUNDA: Publicada a lista dos preseleccionados segundo o indicado no parágrafo anterior, convocarase ás persoas candidatas na hora e lugar indicados debidamente para a realización dunha entrevista persoal, na que se poderá avaliar os coñecementos das persoas candidatas sobre a Fundación CEER e a convocatoria de bioeconomía forestal, incluídos os manuais de xestión de proxectos. Esta entrevista será puntuada ate un máximo de 40 puntos. Aqueles candidatos que non comparezan serán eliminados.
En caso de empate, e de conformidade cunha política axeitada en materia de igualdade de xénero, daráselle prioridade ás candidaturas formuladas por mulleres.

 

8.- FINALIZACIÓN DO PROCEDEMENTO
Rematado este proceso, farase pública a resolución provisoria do procedemento de selección por parte da Dirección do CEER, a través da páxina da Fundación CEER, na que se publicará a relación de persoas presentadas pola orde de puntuación final acadada.
As persoas aspirantes dispoñen dun prazo de tres días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación da lista, para presentaren reclamacións sobre a valoración final. Unha vez resoltas, publicarase a resolución definitiva final a través da páxina web da Fundación, na que se proporá a persoa candidata que obtivera a máxima puntuación total para a provisión do posto de traballo. Amais, notificaráselle a selección de forma expresa á persoa interesada.
Concluído o proceso selectivo, e achegada pola persoa candidata proposta a documentación esixida pola Fundación CEER, procederase á súa contratación.
Elaborarase unha listaxe de reserva coas persoas aspirantes que non formalizaren o contrato. Respectarase en todo caso a orde de prelación da puntuación acadada no proceso.

 

9.- PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos subministrados polas persoas solicitantes poderán quedar incorporados a un ficheiro automatizado de base de datos da Fundación CEER de contratación de persoal, que será tratado co grao de protección que estabelece a normativa de aplicación. O ficheiro quedará baixo a responsabilidade da Fundación CEER.
A información obtida será procesada exclusivamente para a xestión da base de datos de contratacións de persoal.
As persoas interesadas poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose á Dirección da Fundación.

En Santiago de Compostela, a 22 de febreiro de 2024

---

O documento orixinal desta convocatoria pública, asinado polo Director da Fundación CEER, está dispoñible nesta ligazón:

_Convocatoria praza traballo CAPRIF v3_.pdf

(Observacións: esta oferta foi anunciada por primeira vez nesta mesma páxina web o pasado 23 de febrerero de 2024)