Celebrouse con éxito o seminario de inicio do RENATUR_OUTES

Volver atrás
Celebrouse con éxito o seminario de inicio do RENATUR_OUTES

O pasado venres 3 de marzo celebrouse en Outes o seminario de inicio do proxecto Renatur_Outes, financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O pasado venres 3 de marzo celebrouse en Outes o seminario de inicio do proxecto Renatur_Outes, financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Nunha xornada que iniciose ás 11:30h, membros da Fundación CEER, o Concello de Outes, a Universidade da Coruña, Santiago, Vigo e a Fundación Montescola presentaron as liñas temáticas e obxectivos do proxecto á cidadanía de Outes. O Renatur_Outes conta con renaturalizar o río Tins ao seu paso por Outes para o desfrute da cidanía, cunha batería de accións de recuperación do bosque de ribeira, limpieza do cauce fluvial, creación de illas de biodiversidade, actividades de divulgación e sensibilización ambiental, así como ciencia cidadá e voluntariado permanente.

Seguidamente celebrouse a primeira sesión de gobernanza cidadá, onde se recolleron os pensamentos, lembranzas e inquedanzas da cidadanía en relación co río, que serán tidas en consideración e que se integrarán en todos os traballos do proxecto. Esta sesión será a primeira de moitas nas que se involucrará á cidadanía na consecución de todos os fitos do proxecto e no seu mantemento no tempo. A sesión acudiron persoas de todas as idades, incluídos os cativos e cativas do colexio local, que realizaron unha plantación de árboles de ribeira, a primeira de moitas.

A presentación institucional correu a cargo do Alcalde de Outes, D. Manuel González, o Director do CEER, D. Ángel Miramontes, e os Reitores das Universidades da Coruña (D. Julio E. Abalde), Santiago (D. Antonio López) e Vigo (D. Manuel Reigosa).

O mini roteiro ambiental e de plantación de especies autóctonas foi guiado por Joám Evans, da Fundación Montescola e Luís González, da Universidade de Vigo.

Dende a Fundación CEER, coordinadores do proxecto, animámosvos a visitar a páxina do proxecto, así como a estar atentos/as das novas actividades que se realizarán no proxecto (https://renatur.outes.gal/) e na que todos e todas estades convidados/as, xa que a conservación é un asunto que nos incumbe a todos/as.

Podedes enviarnos as vosas consultas ao correo: santiagotec@fceer.org