Novas

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

O sábado 15 de abril inícianse en Outes as intervenciones de voluntariado ambiental para a renaturalización do río Tins, no marco do proxecto Renatur_Outes. Nesta primeira xornada plantaranse medio cento de ameneiros (Alnus glutinosa) nas marxes do río, co obxectivo de minimizar a erosión nos periodos de inundacións e restaurar o hábitat prioritario de bosque de ribeira.

O pasado venres 3 de marzo celebrouse en Outes o seminario de inicio do proxecto Renatur_Outes, financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O venres 3 de marzo celebrarase a partir das 11:30 no Centro Social da Serra de Outes o Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes [1,2] que nos próximos anos traballará para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes.

O proxecto "Vémonos no Monte!" está cofinanciado polo programa Erasmus+ da Unión Europea e, partindo do concepto desenvolvido dende 2017 por Verdegaia, establecera durante os anos 2022 e 2023, unha rede transfronteiriza de acción e educación de brigadas deseucaliptizadoras voluntarias en Galicia e no Norte de Portugal.

A Universidade do Minho acolleu este martes, 22 de novembro, o II Seminario de Cargos Superiores Universitarios, unha iniciativa integrada no proxecto UNISF (Universidade sen Fronteiras) que resulta da colaboración entre as 6 universidades públicas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal – Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago de Compostela (USC), Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), Universidade de Vigo (UVigo), Universidade do Minho (UMinho) e Universidade do Porto (U.Porto) – e a Fundación CEER.