A Fundación CEER reúniu ao seu Consello de Dirección o pasado día 17 de novembro nas instalación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), na súa sede da cidade portuguesa de Vila Real.
A este encontro foron convocadas as vicerreitoras e vicerreitores da rede de universidades públicas da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, xunto coa dirección do CEER. Nomeadamente:
Nun ambente de grande cordialidade, a dirección do CEER, presentou os grandes avances e éxitos acadados pola Fundación nas últimas anualides (período 2021-2023). Informouse aos presentes, sobre o excelente momento que se está a vivir no CEER, no que se conseguiu alcanzar unha consolidada estabilidade laboral e financiera.
Na súa presentación, o director do CEER, Prof. Dr. Ángel Miramontes, destacou o éxito das candidaturas e proxectos nos que participou o CEER nos últimos 2 anos, coa captación de mais de 6 millóns de euros de fondos europeos, cunha porcentaxe de éxito das súas candidaturas dun 46%.
Por parte dos representantes das institucións universitarias, transmitiuse a satisfacción polo traballo realizado dende o CEER, así como o apoio para continuar co traballo conxunto da rede de universidades, articulada a través da Fundación, na súa contribución para o desenvolvemento da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.