Fundación CEER

Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia - Norte de Portugal

Unha ferramenta ao servizo das universidades públicas da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal

Máis información

Novas e eventos

Mantente ao día das nosas novidades e eventos

O vindeiro luns 26 de febreiro a partir das 9:30 celebrarase na sede da Fundación Juana de Vega (FJdV) en Oleiros, o acto de presentación do proxecto CAPRIF-CC (“COMUNIDADES ACTIVAS Y PAISAJES RESILIENTES A INCENDIOS FORESTALES Y CAMBIO CLIMÁTICO”); este proxecto traballará durante case dous anos en prol da activación económica de zonas rurais do noroeste (NO) da Península Ibérica (esto é, Galicia e Asturias), propiciando avances substanciais na dinamización laboral no ámbito forestal e nos usos multifuncionais do monte.

Alianza Estratéxica

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal continúa sendo unha das rexións transfronteirizas máis activas na captación de fondos europeos. Traballar a favor da cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é o compromiso prioritario da Fundación CEER.

A través de distintos programas europeos, dende a súa creación no ano 2004, a Fundación CEER participou no lanzamento e xestión de diferentes proxectos coa captación de máis de 20 millóns de euros para o financiamento de máis de 20 proxectos de cooperación.

A través da cooperación transfronteiriza eficiente gañamos todas e todos, nun clima de confianza mutua que consegue estimular os negocios e o traballo conxunto. Apostar pola intelixencia, no traballo, no esforzo e na inclusión, contribuíndo á transferencia do coñecemento, os avances e as ferramentas xeradas no marco das universidades ao servizo da sociedade.

Proxectos destacados

  • Green Gap
  • Iacobus
  • Atlantic Sunset
  • Renatur Outes
  • Atlantic Positive
  • UNISF