Comezan os traballos de renaturalización do río Tins en Outes

Volver atrás
Comezan os traballos de renaturalización do río Tins en Outes

O venres 3 de marzo celebrarase a partir das 11:30 no Centro Social da Serra de Outes o Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes [1,2] que nos próximos anos traballará para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes.

O venres 3 de marzo celebrarase a partir das 11:30 no Centro Social da Serra de Outes o Seminario de Inicio do proxecto Renatur_Outes [1,2] que nos próximos anos traballará para a recuperación ambiental do río Tins ao seu paso polo núcleo urbano de Outes. No seminario faranse públicas as liñas mestras do proxecto para a súa discusión coa veciñanza e outros axentes locais. Tamén se avanzará cunha primeira plantación de árbores de ribeira e un pequeno roteiro de identificación de espécies exóticas invasoras en colaboración cos centros de ensino locais.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización medioambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Programa do seminario de inicio

No seminario do día 3 de marzo estarán presentes asociacións, colectivos e veciñanza de Outes e a súa contorna, representantes da comunidade educativa, os reitores das tres universidades públicas galegas así como representantes do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e autoridades locais. Abrirase o seminario coas intervencións das autoridades, seguida dunha breve explicación de todos os aspectos do proxecto por parte das entidades participantes. Ás 12:30 realizarase a primeira sesión de gobernanza xunto coa cidadanía e colectivos locais, rematando a xornada cunha pequena andaina polas marxes do río onde se realizará unha primeira plantación de árbores de ribeira e se identificarán as especies invasoras presentes xunto co colexio e o instituto locais.

Os seminario e as futuras actividades do proxecto están abertas a toda a veciñanza e colectivos que teñan interese en participar. Pódese encontrar información detallada sobre Renatur_Outes a través da páxina web do proxecto: https://renatur.outes.gal/

Referencias:
[1] “Renatur_Outes: renaturalización fluvial del Río Tines a su paso por el municipio de Outes”
[2] Axenda do evento en documento anexo
[3] Casa da Cultura de Outes: https://www.outes.gal/gl/casa-cultura
[4] Convocatoria de subvenciones para la restauración de ecosistemas fluviales y la reducción del riesgo de inundación en entornos urbanos españoles 2021. https://planderecuperacion.gob.es/como-acceder-a-los-fondos/convocatorias/BDNS/601211/convocatoria-de-la-fundacion-biodiversidad-para-actuaciones-dirigidas-a-la-restauracion-de-ecosistemas-fluviales-y-reduccion-del-riesgo-de-inundacion-en-entornos-urbanos-espanoles-a-traves-de-soluciones-basadas-en-la-naturaleza-2021-en-el-marco-del-prtr

[5] Web do proxecto: https://renatur.outes.gal/