Creación da estratexia de reordenación e integración ambiental do río Tins

Volver atrás
Creación da estratexia de reordenación e integración ambiental do río Tins

Comezan os traballos para a creación da estratexia de reordenación e integración ambiental, dentro do proxecto Renatur_Outes. Trátase de crear unha estratexia ao longo de casi 1,5 km do río, con carácter amplio, diversificado e cunha perspectiva de futuro.

Comezan os traballos para a creación da estratexia de reordenación e integración ambiental, dentro do proxecto Renatur_Outes.

Trátase de crear unha estratexia ao longo de casi 1,5 km do río Tins, con carácter amplio e diversificado que permita vertebrar a reordenación e integración ambiental cunha perspectiva de futuro.

Dende o segundo cuatrimestre na asignatura de proxectos 9 da ETSAC (Universidade da Coruña) estase a traballar nunha primeira fase de estudio histórico e técnico do Río Tins, en relación a sua estrutura, os seus espacios anexos, forma e relación co entorno urban a distintas escalas. Nunha segunda fase, tras detectar necesidades, os/as estudantes deberán realizar un proxecto concreto.

Este mércores día 01.03.2023, está organizada una viaxe cos alumnos polo río para darlle continuidade ao proxecto.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Web do proxecto: https://renatur.outes.gal/