Oficina CEER
 08-04-2007
A Fundación CEER amplía o seu abanico de servizos á comunidade universitaria da eurorrexión coa impartición do curso a distancia de Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial

O Campus Virtual do CEER oferta o curso “Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial”, dirixo polo Prof. Carlos Ferrás e organizado polo Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T pertencente ó Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Este curso terá unha modalidade a distancia, de xeito telemático, e está composto por tres módulos impartidos ó longo dun período lectivo de seis meses, cuxos contidos teñen como obxectivo principal, capacitar ós seus alumnos na exposición e discusión de casos de Planificación Estratéxica e Marketing Territorial comparativamente a nivel internacional; aplicar metodoloxías de Marketing Territorial en municipios concretos; á vez que proporcionar coñecementos fundamentais teórico -metodolóxicos para desenvolver plans estratéxicos municipais e políticas de Marketing Territorial no ámbito local.

O Marketing Territorial é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe corporativa de lugares, cidades, municipios... En función do seu modelo de desenvolvemento e as súas necesidades vitais. Permite planear a oferta de aqueles produtos estratéxicos que poden ser básicos para as economías locais e ofertarlos no mercado de forma competitiva e atractiva. Valora as necesidades do mercado e da competencia para establecer a súa imaxe diferencial e axustar a súa oferta ás necesidades e gustos dos potenciais inversores, turistas, administracións...

Durante todo o proceso lectivo o alumnado poderá contar co apoio dos docentes do curso e disporán de horas de titorías para a resolución das dúbidas plantexadas.

A matrícula é de balde é estará dispoñible a tódalas persoas interesadas, tras previo rexistro no Campus Virtual da Web do CEER.

Para máis información poden consultar o seguinte enderezo electrónico: http://www.fceer.org/formacion/ ; ou contactar a través do email: xestion@fceer.org .