Oficina CEER
 14-12-2010
ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA NO CENTRO DE LINGUAS DA UDC

Aberto o prazo de matrícula para os cursos de inverno do Centro de Linguas da UDC.

Xa está aberto o prazo de matrícula para realizar os cursos de inverno do Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Os interesados deberán inscribirse a través da páxina www.udc.es/centrodelinguas. O prazo remata o 22 de decembro e as prazas son limitadas.

Os alumnos poderán acceder a cursos de alemán, francés, inglés, italiano e portugués. En total son entre 1.800 e 2.000 os alumnos que cada ano se matriculan nalgún dos cursos divididos en seis niveis que oferta o Centro de Linguas. Este servizo da Universidade naceu co obxectivo de enriquecer a competencia lingüística dos universitarios coruñeses co fin de favorecer a súa mobilidade, o intercambio de información e a adaptación a contornos de traballo e de vida en que se integran linguas e culturas diferentes. Con respecto á oferta educativa, existen cursos abertos a alumnos, profesores, persoal de administración e servizos e público xeral, adaptados ao marco europeo de referencia para o ensino e a aprendizaxe das linguas. Os cursos teñen unha duración de 30 horas (impártense en sete semanas e media) en seis niveis, cun número variable de módulos en cada un segundo a lingua.

Fonte: http://www.udc.es