Oficina CEER
 20-04-2007
O Consello Editorial da revista Estudos Eurorrexionais, editada pola Fundación CEER, reuniuse esta semana co obxecto de ultimar os preparativos para o lanzamento da seu primeiro número

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) está a traballar no lanzamento do seu primeiro número da revista científica universitaria “Estudos Eurorrexionais”, na que participan todas as entidades universitarias públicas de Galicia e o norte de Portugal. Esta revista, de carácter estrictamente científico dará acubillo á publicación de artigos científicos de interés xeral, facendo fincapé na divulgación dos coñecementos científicos xerados no entorno das seis universidades da eurorrexión.

A revista ten como Director ó profesor Pedro Melo, da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro, e como Secretario a Félix Blázquez, profesor da Universidade da Coruña. O Consello Editorial desta publicación está formado por un membro de cada unha das universidade pública da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, xunto con tres persoalidades de recoñecido prestixio internacional convidadas por cada unha destas universidades.

No lanzamento da revista, imprimirase unha tirada inicial de 1500 exemplares editada en papel. A revista tamén terá a opción de poder acceder a ela en versión dixital a través da páxina web da CEER, que incorporará un sistema de referí, cunha ferramenta áxil e dinámica para o envío, recepción e revisión dos artigos recibidos polos Consellos Editorial e Científico da Revista para a súa posterior publicación.