Oficina CEER
 26-04-2007
UDC e Juan Canalejo crean unha plataforma de investigación en proteómica

A vicerreitora de Investigación, Concepción Herrero, e o presidente da Fundación Juan Canalejo, Luís Vicente Sánchez, asinaron o día 25 de abril un convenio de colaboración para a creación dunha plataforma de proteómica.

O acto tivo lugar no Edificio de Servizos Centrais de Investigación, no campus de Elviña e realizouse no marco dunha xornada de difusión de novo equipamento do Servizo de Apoio á Investigación.

A proteómica é a parte da bioloxía que estuda a función dos xenes a nivel de proteínas. Ten múltiples aplicacións dentro do campo da biomedicina, como o desenvolvemento de fármacos ou de novas vacinas.

Esta nova plataforma estará integrada en Proteored, que forma parte do Instituto Nacional de Proteómica.