Convocatoria: Cooperación europea no eido da investigación científica e técnica (COST)
A COST reúne a investigadores e expertos de distintos países que traballan sobre temas específicos.
Financia a posta en rede de actividades financiadas a nivel nacional e presta apoio a reunións, conferencias, intercambios científicos de curta duración e actividades de promoción. Polo tanto, a COST non financia a investigación como tal.
Na actualidade, préstase apoio a máis de 200 redes científicas (Accións). A COST está aberta a propostas de accións que contribúan ao desenvolvemento científico, tecnolóxico, económico, cultural ou social de Europa. Acolle con especial interese as propostas que teñan un papel precursor respecto doutros programas europeos e/ou postas en marcha por investigadores noveis.
Desenvolver uns vínculos máis estreitos entre os investigadores europeos é fundamental para construír o Espazo Europeo de Investigación (EEI). A COST promove en Europa novas redes de investigación con carácter innovador, interdisciplinario e xeral. As actividades da COST son levadas a cabo por equipos de investigación co obxecto de consolidar as bases da excelencia científica en Europa. A COST está organizada en nove seccións temáticas xerais (biomedicina e biociencia molecular; ciencias e tecnoloxías químicas e moleculares; ciencias da Terra e xestión ambiental; alimentación e agricultura; bosques e os seus produtos e servizos; cidadán, sociedade, cultura e saúde; tecnoloxías da información e a comunicación; ciencias de materiais, ciencias físicas e nanociencias; transporte e desenvolvemento urbano).
En www.cost.esf.org exponse o ámbito que cada sección temática pretende abranguer. Solicítase aos interesados que, cando presenten a proposta, inscriban o seu tema nunha das seccións temáticas.
Non obstante, tamén se aceptaran propostas interdisciplinarias que non correspondan claramente a unha única sección temática; estas avaliaranse por separado.
Para as súas actividades de coordinación, a COST recibe apoio financeiro do Programa Marco de I+DT da UE. A Asociación COST, xestionada pola Fundación Europea da Ciencia (FEC) que actúa de axente executor para a COST, asume a secretaría científica dos comités temáticos e das accións da COST.
Beneficiarios:
As propostas deben integrar a investigadores procedentes dun mínimo de cinco países da COST.
Financiamento: 100 000 euros anuais, por un período de 4 anos.
Prazo de presentación de solicitudes : 30.09.2007
Lugar de presentación de solicitudes:
As solicitudes presentaranse en liña a través da páxina web de COST
Centros de información comunitarios: Páxina web COST
Documento de publicación: DO C 169/27 do 21.07.2007