Oficina CEER
 11-10-2007
Obradoiros de iniciación á ópera na Universidade de Vigo

El Liceu na Universidade (Programa Opera Oberta) é un programa que consiste, en liñas xerais, nun obradoiro de extensión universitaria validable por dous créditos de libre configuración, sobre iniciación á ópera. No curso 2007-08 transmitiranse en directo, e dicir, ás 20:00 h, cinco títulos da tempada do Liceu, e un titulo doTeatro Real de Madrid (este en diferido). Previamente a emisión das operas, os/as alumnos/as deberán asistir a un programa formativo sobre a ópera en xeral e sobre a obra a visionar impartidas polo Catedrático de estetica e historia da música do Conservatorio Superior de música de Vigo Roberto Relova, director do festival Are More e presidente de amigos de la opera de Vigo.

O curso complementarase cunha presentación previa dunhos 10-15 minutos con contidos elaborados polo propio Liceu e cun portal en Internet de informacións suplementarias. As clases e presentacións previas tratarán de situar a ópera no seu momento histórico, na evolución da música teatral e na propia obra do compositor. Atenderán asimesmo ás características vocais e orquestrais da obra, e darán as claves de lectura da producción.

PROGRAMA DAS TRANSMISIONS:

• AIDA de Giuseppe Verdi (Teatre del Liceu) 240 min. Mércores, 28 de novembro de 2007 as 19:00h. • LA CENERENTOLA de Gioachino Rossini (Teatre del Liceu) 180 min. Luns, 14 de xaneiro de 2008 as 19:30h. • ELEKTRA de Richard Strauss (Teatre del Liceu) 105 min. Luns, 3 de marzo de 2008 as 19:30h. • TANNHAÜSER de Richard Wagner (Teatre del Liceu) 280 min. Martes, 22 de abril de 2008 as 19:30h. • TAMERLANO de Georg Friedrich Haendel (Teatro Real) 250 min. Luns, 12 de maio de 2008 as 18:30h. • DEATH IN VENICE de Benjamin Britten (Teatre del Liceu) 160 min. Martes, 20 de maio de 2008 as 19:30h.