Oficina CEER
 08-02-2008
O CEER organiza unha xornada de mutuo coñecemento entre o alumado dos módulos da USC e UTAD, do curso transfronteirizo, Integración e Desenvolvemento Eurorrexional

A Fundación CEER e o IDEGA organizan xunto coa Universidade de Tras-os-Montes unha xornada de mutuo coñecemento, na cidade portuguesa de Vila Real, o vindeiro día 19 de febreiro.

O programa inclúe a visita á universidade e á cidade, máis unha conferencia sobre "Os Cenário territoriais para a União Europeia em 2030" pronunciada polo profesor Francisco J. López de Sousa Diniz, membro do Departamento de Economía, Sociologia e Gestão da UTAD, e especialista en Desenvolvemento Rural.

As persoas interesadas en asistir poden solicitalo enviando un email co nome e datos de contacto ao seguinte enderezo electrónico ou a través do teléfono: 981 591 166, extensión 14372.

Inscricións: ata o 14 de febreiro.