Oficina CEER
 11-09-2014
O CAMPUS DE FERROL ACOLLE UN CURSO DE ORIENTACIÓN LABORA

O Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE) do campus de Ferrol organiza o curso de verán Oriéntate e Planifica o teu futuro, que terá lugar os días 24, 25 e 26 de setembro na Facultade de Humanidades. No programa de actividades incluiranse varias conferencias con expertos en orientación laboral, ETT e Ciencias do Traballo, así como profesionais do marketing e das redes sociais. Entre os relatores estarán Leticia Prada e Eliana Oliveros, de LEDE Escola de Emprendedores, que impartirán a conferencia Cine Fórum: Protagoniza a historia da túa vida; Frankie Gómez, de ConfirmSign, coa charla Vaca, a start up mínima, ou Felipe García Rey, de Acción Consciente, con Véndete.

Tamén están programadas tres mesas redondas, nas que se falará de Recruitment 2.0 e técnicas de matchmaking, con Sonia González (Adecco TT, Alejandra Díaz Girón (EGASA XXI), Paloma Merino (Masol Iberia Biofuel) e Antón Loureiro (Mediamark); Colectivos con especiais dificultades para a empregabilidade, con Mari Carmen López (Almat), Rocío Botana (Arquitectos sen Fronteiras), Manel Naveiro (Concello de Ferrol), Natalia González (Cogami) e Pilar Bonigno (Cruz Vermella), e Competencias profesionais e prácticas laborais, con María Piñeiro (Einsa Print), Manuel Ignacio García (Qatro), Pablo Pardo (Transportes TT) e un representante do BBVA. As persoas asistentes poderán participar en varios obradoiros, como o de Preguntas, obxectivo e... ¡acción!, con Javier Herranz Lorente, de ConCEdecambio; Impacto TIE e imaxe profesional dixital, que impartirá o orientador laboral Xosé Alberte Cea; A importancia da actitude positiva ante unha busca activa de emprego, que dará Sabela Naranjo, ou Redes profesionais: A nova procura de emprego, que correrá a cargo da profesora da UDC María Dolores Sánchez Fernández e o community manager David Saavedra. Nos obradoiros tamén se ofrecerán Ferramentas para emprender, cos profesores da UDC Eduardo Guillén Solórzano (Económicas) e Manuel Martínez Carballo (Deseño) e Rafael Vázquez Cobas, da Fundación Ronsel, e ‘Empregabilidade 2.0’, con Roberto Pérez Marijuán e Juan José Romero Crusat, de Suma Importancia. Ademáis, o curso inclúe reunións ‘one to one’, nas que participan AJE Ferrolterra, a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol. A clausura, o venres 26 ás 14.00 horas, correrá a cargo de Marta Fierro Mantecón, Eme DJ, remesturadora, activista, escritora e produtora galega de música de baile.

O prazo de matrícula estará aberto ata o 18 de setembro. As persoas interesadas poden inscribirse na seguinte ligazón: http://cursoveranoteufuturo.wordpress.com/inscricion/. Máis información no Servizo de Asesoramento e Promoción do Emprego do Campus de Ferrol (981 337 400 Ext. 3616).

Fonte: udc.es