Oficina CEER
 28-09-2015
COMEZA A CUARTA TEMPADA DAS NERDNITES SCQ

Van xa catro anos nos que a noite de Santiago se converte nun espazo que mestura diversión e ciencia. Con este propósito, as NerdNite SCQ volven esta semana, comezando o curso, con tres charlas sobre submisión química, luz cuántica e Tintín.

Será o xoves 1 de outubro ás 21.30 horas no Café Casino (Rúa do Vilar, 35) cando o técnico en prevención de drogodependencias do concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo Manuel Isorna Folgar fale de submisión química, binge drinking e drogas facilitadoras do asalto sexual. A continuación, o investigador Ramón y Cajal do grupo de óptica física da Universidade de Vigo Ángel Paredes Galán explicará cómo transmitir segredos con luz cuántica. Como colofón, o director da Oficina Web da USC, Pedro Rey Sanchíz, dará as claves do famoso ‘caso Tornasol’ na banda deseñada.

Nerd
As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

Fonte: xornal.usc.es