Oficina CEER
 26-10-2015
WWW.BIODIVERSIDADE.EU: CONSTRUÍNDO COMUNIDADE PARA A CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE

www.biodiversidade.eu é unha plataforma colaborativa que, tras dous anos de vida, xa recolle valiosa información sobre os valores naturais de Galiza, Portugal e territorios limítrofes. Preséntanse neste artigo a xénese do proxecto, algún dos resultados máis relevantes, os contidos e funcionalidades que os usuarios poden atopar nos distintos apartados, e os pasos que se van dando e que se darán no futuro, cara á construción dunha comunidade que colabore activamente na conservación do noso patrimonio natural.

Máis información: http://adega.gal/web/media/documentos/biodiversidade_(def).pdf