Oficina CEER
 11-07-2016
O REITOR E O PRESIDENTE DO DEPORTIVO ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o presidente do R.C. Deportivo, Tino Fernández, asinarán este luns, 11 de xullo, un convenio de colaboración para impartir formación en fútbol.

O acto, aberto aos medios de comunicación, será na Sala de Xuntas da Reitoría (A Maestranza), ás 13:30 horas.

O convenio permitirá que os alumnos da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física poidan simultanear os estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e os niveis de Técnico Deportivo de Fútbol que imparte o R.C. Deportivo.

Fonte: www.udc.es