Oficina CEER
 05-10-2016
A UDC SÚMASE Á CAMPAÑA MÓLLATE POLOS RÍOS COA LIMPEZA DO LAGAR

A Universidade da Coruña súmase á IX Limpeza Simultánea de ríos, dentro da campaña “Móllate polos ríos”, impulsada por ADEGA-Proxecto Ríos esta primeira fin de semana de outubro.

A cita na UDC será ás 12:30 horas, mañá, xoves 6 de outubro, nas marxes do río do Lagar, fronte a Facultade de Economía e Empresa e ao Edificio de Servizos Centrais de Investigación. Os participantes poderán incorporarse en calquera momento e durante toda a hora en que durará a actividade recollendo o lixo acumulado no último anos polas marxes do río. O obxectivo principal é concienciar á cidadanía ante o problema ambiental da deterioración dos ríos e a xestión que se fai dos residuos: envases usados, latas, botellas, bolsas de plástico ou papeis que acaban nos ríos e no mar. Esta iniciativa, organizada pola Oficina de Medio Ambiente da UDC, conta coa colaboración da Asociación Ecoloxista ADEGA, que coordina o traballo. Fonte: www.udc.es