Oficina CEER
 08-05-2008
"Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario: Universidades emprendedoras"

A Universidade de Santiago de Compostela presenta, na súa oitava edición, o "Congreso Internacional sobre Emprendemento Universitario: Universidades emprendedoras" co gallo de discutir e intercambiar experiencias no eido do emprendemento académico para contribuir, deste xeito, á creación de empresas de base tecnolóxica.

O congreso ofrecerá aos participantes a oportunidade de discutir e intercambiar experiencias e boas prácticas sobre o impacto socio-económico do emprendemento universitario, a posta en valor da tecnoloxía desde as universidades, o financiamento dos programas de emprendemento universitarios e a creación de empresas desde as universidades emprendedoras.

Este congreso terá lugar en Santiago de Compostela os días 29 e 30 de maio na Aula Magna da Facultade de Química.

Para máis información, podes consultar a seguinte páxina web http://www.uninova.org/ga/eventos.asp?id=61