Oficina CEER
 13-07-2017
A FUNDACIÓN CEER OFERTA UNHA PRAZA DE PERSOAL TÉCNICO PARA O PROXECTO SMART_MINHO

A Fundación CEER convoca un proceso selectivo para a contratación dun técnico mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto “Estrategia de cooperación inteligente Río Miño transfronterizo (SMART_MIÑO)” cofinanciado polo programa INTERREG VA España Portugal (POCTEP) a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da UE.

Encargarase das seguintes tarefas:
- Colaborar no desenvolvemento e posta en marcha das distintas actuacións previstas no proxecto.
- Colaborar na coordinación dos socios participantes do proxecto e participar nas distintas estruturas internas de coordinación e xestión do proxecto e nas reunións de traballo pertinentes.
- Prestar apoio á coordinación xeral do proxecto para a correcta execución do mesmo.
- Preparar informes, asistir a reunións de coordinación en Galicia e o Norte de Portugal e, en xeral, realizar o conxunto de tarefas necesarias para garantir a boa marcha do proxecto.
- Apoiar a execución do plan de traballo do proxecto.
- Colaborar nas tarefas de divulgación do proxecto.

Os requirimentos dos candidatos serán:
a) Titulación universitaria de grao superior: preferentemente en Ciencias Sociais e Xurídicas (non excluínte).
b) Formación en cooperación transfronteiriza, planificación e estratexias territoriais (preferentemente: novas estratexias urbanas, mobilidade e transportes, cooperación e planificación cultural).
c) Formación en asuntos europeos.
d) Experiencia laboral no desenvolvemento de proxectos vinculados a programas europeos, preferentemente en programas europeos de cooperación territorial.
e) Coñecementos dos idiomas español, galego, portugués e inglés.
f) Manexo de programas informáticos a nivel usuario (procesadores de texto, follas de cálculo, presentacións, internet, correo electrónico, etc.).
g) Dispoñibilidade para desprazarse e dispoñibilidade de vehículo.

As persoas interesadas en presentar a súa candidatura deben enviar o seu Curriculum vítae e documentación xustificativa da formación e experiencia profesional indicada (diplomas, certificados…), ao seguinte enderezo: Fundación CEER. Oficina da Fundación CEER. Colexio San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n. 15782, Santiago de Compostela. A Coruña. Ou ben a: direccion@fceer.org

O prazo de presentación das candidaturas será de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao desta publicación. Tras o período de presentación de candidaturas, a dirección da Fundación procederá a avaliación dos currículos axustándose aos requisitos mencionados. A resolución desta oferta laboral será publicada nos días seguintes á finalización do prazo de presentación de candidaturas. As bases da convocatoria poden consultarse nesta mesma páxina web:

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Bases convocatoria