Oficina CEER
 14-11-2017
OBRADOIROS MES DE NOVEMBRO MSH (USC): COGOMELOS

Andaina micolóxica, os cogomelos da nosa cidade

Características do obradoiro:
Responsable:
Martín Souto Souto, micólogo e conservador do Herbario SANT da USC.
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía.
Daniel Castro Fernández, doutor en Bioloxía, especialista en Botánica.

Contidos:
Paseo dende o Museo de Historia Natural ata a Granxa do Xesto e a súa contorna, durante o cal se realizará a recollida de cogomelos. Finalmente realizaremos unha mostra dos cogomelos recollidos na Granxa do Xesto, identificando as diferentes especies, o seu valor gastronómico e a súa toxicidade.

Tamaño e perfil do grupo
Adultos ou nenos acompañados de adultos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa , polo menos con dous días de antelación á data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e Horario
Sábado, 18 de novembro
A duración será de 3 horas (11:00 – 14:00).
Prezo
Nenos (-12anos)= 3 €
Adulto = 5€

Ficha de inscrición
Ter cuberta a ficha de inscrición unicamente implica ter realizada a solicitude. A praza confirmarase por correo electrónico ou por teléfono.

Roteiro Micolóxico

Actividade en colaboración con USC Deportes
Características do obradoiro:
Responsable:
Martín Souto Souto, micólogo e conservador do Herbario SANT da USC.
María José López Fernández, doutora en Bioloxía, especialista en Zooloxía.
Daniel Castro Fernández, doutor en Bioloxía, especialista en Botánica.
Víctor Fidalgo, coordinador do área de Natureza da Fundación USC Deportiva.

Contidos:
Roteiro con saída e fin na Piscina Universitaria, no que nos achegaremos ás ribeiras do Sarela, á Selva Negra ou ás lombas do Monte Pedroso. Finalmente realizaremos unha mostra dos cogomelos recollidos na piscina universitaria, identificando as diferentes especies, o seu valor gastronómico e a súa toxicidade.

Tamaño e perfil do grupo

Adultos ou nenos acompañados de adultos.
Mínimo 20 persoas, máximo 30. É necesario facer reserva previa , polo menos con dous días de antelación a data do obradoiro.
Os grupos pecharanse cando se teñan feitas reservas de 30 persoas.
Data e Horario
Mércores, 22 de novembro
A duración será de 2 horas (16:00 – 18:00).

Pago e inscrición Recepción da Piscina Universitaria ou na web:
http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/index.html

Fonte: usc.es