Oficina CEER
 28-09-2018
O CEER PRESENTE NO SEMINARIO INTERNACIONAL: OS NOVOS MODELOS DE GOBERNANZA REXIONAL E URBANA NO SÉCULO XXI

Os novos modelos de gobernanza rexional e urbana neste tempo serán obxecto de reflexión a vindeira semana, entre os días 1 e 2 de outubro, nun seminario a desenvolver na Facultade de Xeografía e Historia. A asistencia é gratuíta, sendo precisa inscrición previa.

O encontro enmárcase nos traballos previos á celebración da Annual Conference of Rexional Studies Association que terá lugar en Compostela no mes de xuño do vindeiro ano e na que se discutirá sobre como impulsar as rexións máis aló das fronteiras como unha forma de planificar o seu futuro.

A inauguración do seminario terá lugar o luns 1 de outubro nun acto no que está prevista a participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; o decano da facultade anfitrioa, Francisco Durán; o director do Departamento de Xeografía, Rubén C. Lois; e a profesora María José Piñeira.

A continuación comezará a primeira das sesións, dedicada a tratar a gobernanza rexional multinivel e na que diversos especialistas analizarán esta cuestión no período poscrise e os retos no contexto dunha nova cultura do territorio. O día completarase cunha presentación da Regional Studies Association e un debate con estudantes sobre os problemas e retos das rexións para acadar os obxectivos do Proxecto Europa 2030.

Os novos modelos de gobernanza urbana centrarán a xornada do día 2, que rematará pola tarde cunha mesa sobre resiliencia e participación cidadá na que intervirán representantes de asociacións veciñais, de plataformas anti desafiuzamentos e organizacións non gobernamentais.

Fonte: xornal.usc.es

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Presentación CEER