A Fundación CEER participa o próximo 31 de xaneiro de 2019, no Castelo de Vila Nova de Cerveira, na organización das Xornadas de Turismo Cerveira-Tomiño, actividade enmarcada na Axenda de Cooperación transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño.
Despois de que a Fundación CEER asumise a dinamización de dúas mesas de traballo cos axentes turísticos locais destes concellos fronteirizos durante finais de 2018, a próxima semana celébrase unha xornada final que pretende dar respostas ás diferentes demandas temáticas tratadas nesas reunións previas.
Durante a mañá contarase coa participación de expertos procedentes das universidades galegas e do Norte de Portugal. Tamén haberá intervencións de representantes institucionais e de xestores responsables de proxectos turísticos innovadores. Pola tarde poderase disfrutar dalgunhas das experiencias turísticas territoriais existentes a banda e banda desta parte do río Miño, entre as que destacan a visita a un viveiro, unha adega ou a Bienal de Cerveira.
As prazas son limitadas e as inscricións deben formalizarse a través do seguinte formulario: https://goo.gl/forms/OS7GCUUKEvtkaAPF2