Oficina CEER
 27-02-2019
O VICERREITOR DE PROFESORADO PRESENTA EN CONSELLO DE GOBERNO A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA DOCENTES DO ANO 2019

O vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, presentará mañá, mércores, 27 de febreiro, en sesión de Consello de Goberno a Oferta de Emprego Público para Persoal Docente e Investigador prevista para este ano 2019 que alcanza as 84 prazas.

A sesión, presidida polo reitor, Julio Abalde, inclúe outros puntos na orde do día para a súa aprobación como o procedemento de inscrición e matrícula nos mestrados do próximo curso, o Código ético de investigación, o Manual de acollida de novos investigadores, ou o nomeamento de coordinador da Unidade de Divulgación Científica e Cultural.

Rolda de prensa

Ao remate da sesión, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 12:30 horas o reitor e o vicerreitor de Profesorado explicarán aos medios de comunicación os puntos tratados no Consello de Goberno.

Fonte: www.udc.es