Oficina CEER
 18-11-2019
O REITOR DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA INSTA A CREAR UNHA REDE PARA PROMOCIONAR O SISTEMA UNIVERSITARIO ESPAÑOL NO ESTRANXEIRO

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, inaugurou esta mañá na Reitoría as II Xornadas sobre Promoción Internacional do Sistema Universitario Español, xunto coa directora do SEPIE (Servicio Español para la Internacionalización de la Educación), Coral Martínez, o presidente do grupo de traballo de Internacionalización de Crue e vicerreitor de Internacionalización da Universidad de Jaén, Sebastián Bruque, así como a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña, Pilar García de la Torre.

Estas xornadas están organizadas pola comisión sectorial de Internacionalización e Cooperación de Crue Universidades Españolas e asisten representantes da área de preto de cincuenta universidades españolas.

No transcurso da inauguración, o reitor destacou a importancia deste encontro para a mellora da universidade española. “A colaboración e a cooperación conxunta é a vía para a mellora do noso sistema universitario”, manifestou Abalde e animou aos presentes a traballar en común. “Temos que ser capaces de crear unha rede arredor do tema da internacionalización das universidades co reto de incrementar a nosa presenza internacional e atraer cada vez máis alumnos estranxeiros”, conminou. O reitor agradeceu ao Sepie o apoio que presta para a promoción internacional das universidades, como a última edición da feira universitaria española en Marrocos que se saldou coa participación de máis de 6.000 asistentes, aínda que pediu unha maior implicación do estado tal e como se está a facer noutros países do contorno.

Logo do acto de apertura, as Xornadas continuaron coa seguinte previsión:

Programa

10:45 a 11:30h Claves da promoción internacional doutros sistemas universitarios. Boas prácticas e tendencias de universidades internacionais en promoción internacional.

Camille Bisegger, Responsable de Campus France en España. Encargada de misión universitaria.

Martine Currie, Directora de Cooperación Internacional, Université le Havre, Francia. Begoña Crespo García, Adxunta á Vicerreitoría de Internacionalización, Profesora Titular de Filoloxía Inglesa, Universidade da Coruña.

11:30 a 12:15h As ferramentas dixitais como método para incrementar a nosa presenza internacional. Un paso máis no ámbito do marketing dixital.

Pedro Hormigo, Director of Corporate Relations for Europe. Instituto de Empresa. Consultor Marketing Digital para Institucións de Educación Superior. Tomás Lorenzana de la Varga, Director de Estratexia de Internacionalización, Universidad de Almería.

12:15 a 13:00h Pre and Post-Brexit Horizon for the Promotion of European HEs: lessons learned and oportunities for International Promotion of the Spanish University System.

Charles Cormack, Consultant of International Education for HEIs.
Sebastián Bruque Cámara, Vicerreitor de Internacionalización da Universidad de Jaén e Presidente GT Internacionalización CRUE I&C. 13:00 a 13:45h Mesa de Traballo sobre o papel das representacións diplomáticas españolas como elemento dinamizador da promoción internacional do sistema.

David Benito Salinas, Asesor Técnico, Consellería de Educación, Embaixada do Reino de España en Brasil (mediante videoconferencia).
Carmen Sainz Madrazo, Asesora Técnico Docente, Secretaría Xeral de Cooperación Internacional e Promoción Exterior Educativa, Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Carmen Rubio Armendáriz, Profesora de Toxicoloxía da Universidad de la Laguna y ex-Presidenta do Grupo de Internacionalización de Crue - Internacionalización e Cooperación.

14:45 a 15:45h Mesa de traballo sobre a presenza do Sistema Universitario Español en Eventos de Promoción Internacional. Balance e accións de mellora.

Miguel Arriaga Gómez. Unidade de Internacionalización da Educación Superior
Española. SEPIE. Ministerio de Innovación, Ciencia e Universidades.
Fátima Guadalmillas Gómez, Presidenta do SGT de Promoción Internacional e Vicerreitora de Internacionalización e Formación Permanente de Crue - Internacionalización e Cooperación.
Sebastián Bruque Cámara, Presidente do GT de Internacionalización de Crue - Internacionalización e Cooperación e Vicerreitor de Internacionalización da Universidad de Jaén.
15:45 a 16:45h Mesa de traballo sobre modelos de promoción e acceso ao Sistema Universitario: Modelo Anglosaxón vs. Modelo Alemán.

John Bramwell, Senior Advisor of Education, British Council, Reino Unido.
Carolina Jiménez, Head of Transnational Education, Universities UK. Reino Unido. Sina Menrad, lectora DAAD en USC. DAAD, Alemaña.
Pilar García de la Torre, Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña.
17.15 a 18.00h Mesa redonda: Plataformas dixitais de acceso ao sistema utilizadas en España.

Representantes de universidades de diferentes CC.AA.
Rosa Mª Fernández Alcalá, Directora de Secretariado de Proxección Internacional, Universidad de Jaén.
18:00 a 18:15h Clausura da Xornada.

Sebastián Bruque Cámara, Presidente do GT de Internacionalización de Crue - Internacionalización e Cooperación e Vicerreitor de Internacionalización da Universidad de Jaén.
Pilar García de la Torre, Vicerreitora de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña.

Fonte: udc.es