Oficina CEER
 20-05-2022
III ENCONTRO DE AXENTES SOCIOEDUCATIVOS: COMUNIDADE DE ACCIÓNS E SABERES ARREDOR DO RURAL

O GI ESCULCA organiza a terceira xornada de encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural (www.arredordorural.org), un evento para o encontro entre colectivos rurais, estudantes e profesorado que teñen interese nas actividades de Aprendizaxe-Servizo vinculadas ao medio rural, como forma de integrar o impulso da acción rural e a aprendizaxe e proxectos de futuro no rural. Esta actividade celebrarase o vindeiro 15 de xuño de 2022 no Centro de Estudos Avanzados (CEA), no parque de Vista Alegre (Santiago de Compostela).

Neste terceiro encontro perseguimos os seguintes obxectivos:
-A posta en común dos avances feitos no marco da comunidade.
-A difusión e promoción entre o estudantado dos proxectos da comunidade e da labor e os saberes dos colectivos que a conforman.
-A ampliación a outras formas para vincular coñecemento e acción rural no futuro da comunidade.
Este encontro ten carácter formativo sustentado nas aprendizaxes mutuas e multidireccionais entre diferentes tipos de axentes.

Formulario de inscrición: https://www.usc.es/esculca/iii-encontro-de-axentes-socioeducativos-da-comunidade-de-accions-e-saberes-arredor-do-rural/

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: cartaz