Oficina CEER
 14-12-2008
VI Xornada Sindur: Impulsando a intelixencia social

A cualificación dos recursos humanos e o impulso do capital intanxible en Galicia se presenta como un auténtico desafío de futuro. Atrás quedaron os modelos de desenvolvemento centrados nas infraestructuras e na denominada “cultura do ladrillo”. A creación de foros de debate innovadores, creativos, que incidan na identificación e coñecemento e difusión de proxectos de vangarda a nivel internacional e local poden ser altamente rendibles para a cualificación do capital humano.

Finlandia é un referente para a educación de excelencia e a innovación tecnolóxica, con recoñecemento a nivel internacional; polo que o grupo de investigación GIST da Universidade de Santiago decidiu centrar nestas VI Xornadas SINDUR, desenvolvidas ao amparo dos Plans Nacional e Galego de I+D+i, na análise e debate crítico dun proxecto pioneiro para a creación dunha grande comunidade virtual-real onde, actualmente, interactúan persoas, familias, empresas TIC, traballadores e investigadores universitarios na periferia da cidade de Helsinki. Amais, pretendemos analizar as relacións de xénero e a tecnoloxía en dito país.

Dende a escala local propiamente dita, decidimos analizar tamén nestas VI Xornadas SINDUR os fundamentos teóricos e científicos de dous proxectos que establecen canles de comunicación moi directos entre a sociedade galega e as novas tecnoloxías: Granxafamiliar.com e o Banco de Terras. No primeiro caso centrado na investigación e creación de novas formas de comprar e vender productos agrarios e, no segundo caso focalizado no desenvolvemento de procesos de concentración e posta en producción da superficie agraria útil.

As VI Xornadas SINDUR abren un debate no marco do Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional da Universidade de Santiago e contan coa participación activa da comunidade académica de dito master; dos seus profesores, alumnos e investigadores. As VI Xornadas SINDUR contan co apoio do Proxecto SINDUR. Sociedade da Información e Desenvolvemento Urbano-Rexional financiado polo Plans Nacionais e Galego de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación e a Consellería de Industria da Xunta de Galicia.

Programa:
Día 16 de decembro de 2008
16:00. O modelo de “Arabianranta. Helsinki Virtual Village”. Exposición. Prof. Tommi Inkinen. University of Helsinki.
17:00. Debate
18:00. Novas formas de comprar e vender. O modelo de Granxafamiliar.com Exposición. Prof. Carlos Ferrás. Universidade de Santiago
19:00. Debate

Día 17 de decembro de 2008
16:00. Fundamentos técnicos e científicos do Banco de Terras.
Exposición. Prof. Rafael Crecente. Universidade de Santiago 17:00. Debate.
18:00. Xénero e Tecnoloxía en Finlandia. A segunda fenda dixital. Exposición. Prof. Tommin Inkinen. University of Helsinki.
19:00. Debate

Lugar celebración:
Aula Seminario do Idega. Campus Sur, s/n. Santiago de Compostela
Inscripcións:
GIST. IDEGA. Telf. 981 563100 . Ext. 14440