Oficina CEER
 22-04-2009
Estancias de investigación no CESGA

O CESGA convoca catro estancias de investigación para xoves investigadores no CESGA durante a celebración da primeira CESGA Computational Summer School. O obxectivo destas estancias será o desenvolvemente ou mellora dunha aplicación científica utilizando as ferramentas e os coñecementos adquiridos na etapa de formación da Summer School.

Os solicitantes destas axudas poderán ser:
Cualquer investigador participante no proxecto i-MATH ou cualquer membro dun grupo de investigación de i-MATH, sempre que apareza no listado que se atopa na páxina web http://www.imath.org/gestion/investigadores/listado_general.php.

Recén titulados que desexen realizar un proxecto de investigación ou colaborar nun xa existente dentro da Rede G-HPC.

Os beneficiarios das estancias seguirán os cursos de formación que se celebrarán na Summer School e realizarán actividades de investigación coa colaboración de personal técnico do CESGA. Pode atopar máis información sobre a CESGA Computational Summer School neste enlace. http://www.cesga.es/