Oficina CEER
 15-05-2009
Buses dende os campus de Vigo e A Coruña ao Día do Emprendedor

O Centro de Estudos Eurorrexionais, CEER, participará o vindeiro 19 de Maio de 2009 en colaboración co IGAPE na IV edición do Día do Emprendedor de Galicia. Este encontro está dirixido a persoas cunha visión emprendedora, creativa, vangardista, imaxinativa, innovadora, construtiva, soñadora e calculadora, co fin de crear oportunidades empresariais, establecer novos contactos (outros emprendedores, expertos, institucións e empresas), así como compartir coñecementos e intercambiar experiencias.

O CEER participado polas universidades públicas de Galicia e o Norte de Portugal, quere contribuir á promoción do emprendurismo en Galicia, para o que dispoñibilizará autobuses dende os campus de Vigo e A Coruña. Todo aquel que desexe acudir ao Día do Emprendedor o 19 de Maio poderá viaxar en autobus, os buses sairán dende Vigo as 9:15 diante da Facultade de Economicas e no caso de A Coruña, sairán as 9:00 dende a Rotonda que está situada no Campus de Elviña diante do Pavillón.

Para asisitir a este evento so teñen que enviar un email a bus@diadoemprendedor.com ou ben chamar ao 689356105. A viaxe é gratuita ao contar co patrocinio da Xunta de Galicia a través do IGAPE.

No encontro do Día do Emprendedor poderase desfrutar de asesoramento persoalizado, asi como coñcer a empresarios, casos de éxito e novas tendencias do mercado actual.

Para atopar máis información pode vsitar a web do CEER: www.fceer.org ou ben http://www.emprenderengalicia.com