Oficina CEER
 10-07-2009
Plan de Comunicación 2.0. Hoxe recomendamos: Banco do Tempo 2.0

A tendencia actual na rede, está conlevando un acercamento ás prácticas habituais das persoas, agora somos nós quen creamos a rede, non é algo que nos veña aillado, a aportación de cada un é o que da a riqueza na rede. Subir vídeos, facer blogs, escribir en foros, etc é o que está movendo a internet.

Dentro deste fenómeno, hai unha serie de plataformas moi útiles á hora de destinar o nos tempo de lecer, podemos ler un libro e visitar o Club de lectura do CEER ou podemos usar o noso tempo axudando a outra persoa, esta sería a idea dos Bancos de Tempo.

Estes Bancos de Tempo son sistemas de intercambio de labores comunitarios relacionados coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral, polo xeral estes bancos estaban xestionados polos concellos, pero queremos hoxe presentar a iniciativa www.kroonos.com, unha web onde podemos colaborar cos demais e aportar o noso coñecemento.

Esta iniciativa responde á idea de como a solidariedade pode chegar a ser tamén 2.0.